jueves, 30 de abril de 2015

Un novo día

Boas tardes!!

Onte e hoxe quedamos pola mañá de novo para ir concretando os puntos e avanzando no noso traballo. Por agora temos xa moito traballo feito, pero aínda nos queda outro tanto, xa que este traballo non é fácil, e require moita busca de información.
En canto aos problemas que comezamos a ter, o  máis significativo é que dos apartados que temos escollidos, hai algúns dos que nos resulta difícil atopar a suficiente información para profundizar no tema. Esperamos que este problema soamente o teñamos agora, e que no momento da entrega do traballo teñamos todo completo e con información suficiente para que aos nosos compañeiros de clase lles quede clara a idea da fenda dixital, xa que é un tema totalmente interesante.
Seguiremos en contacto, xa queda menos para expoñer! Non nos olvidamos do blog, iremos explicando o noso traballo, pero sen desvelalo por completo!

martes, 21 de abril de 2015

Un pouco máis de información!

Boas tardes! Hoxe ímosvos contar un pouco sobre que vai o noso traballo. Como ben di o nome do noso blog, imos adicar este tempo a explicar a fenda dixital.
A fenda dixital é a distancia de acceso e uso da internet tanto a nivel xeográfico (entre a poboación urbana e a rural), a nivel socioeconómico (dependendo dos ingresos) e a nivel de desigualdades culturais. Este problema está moi presente na nosa sociedade, xa que hai moita xente que non ten os recursos necesarios para acceder ás novas tecnoloxías. Como para todo, existen solucións para acabar con esta fenda, as cales imos ir comentando neste blog.
Tede paciencia, non querades saber todo xa o primeiro día! Pouco a pouco iremos desvelando máis aspectos sobre este tema.
Deixámosvos un vídeo sobre a fenda dixital, para que vos vaiades facendo unha idea.
Saúdos!

domingo, 12 de abril de 2015

Primeiro día

Chamámonos Eva, Laura e Carlos. Somos tres alumnos da Universidade de Santiago de Compostela; cursamos o Grao de Mestre/a en Educación Primaria.
Neste blog imos comentar todo o que fagamos sobre o noso traballo, así como os problemas que puidemos ter e todo o que levemos a cabo.
Tivemos unha primeira reunión os tres para concretar o tema e as partes máis importantes do noso traballo. Pouco a pouco imos ir subindo novas entradas, espero que vos sirva de axuda e vos guste o noso traballo!