jueves, 7 de mayo de 2015

Rematamos!

Hoxe por fin expuxemos o noso trabalo de TIC, o cal nos resultou bastante difícil.
Estamos moi contentos de que nos saíra ben, e sen pasarnos do límite de tempo que tiñamos imposto. Cremos que o mestre está contento tanto coa nosa elección como coa nosa exposición, polo que nos resulta bastante ben.
Esperamos que os resultados sexan os mellores posible!
Saúdos, e moitas gracias por lernos!


miércoles, 6 de mayo de 2015

Ultimando detalles..

Ola chicos!
Estamos ultimando os detalles do traballo, o cal expoñemos mañá. Que nervios!
Temos xa os temas máis importantes buscados e seleccionada a información, agora o que nos falta é saber como facer o resto, tanto powerpoint como a presentación en si. Esperamos que nos saia ben, xa que o fixemos o mellor que puidemos.
Temos tamén que entregarlle un traballo en papel ao mestre, o cal entregaremos a semana que vén xa que, como temos que escribir correctamente todas as referencias bibliográficas, preferimos ter máis tempo para que estean perfectamente redactadas.
En canto aos problemas que puidemos ter ata agora, o máis importante foi que tiñamos moita información nun ordenador, o cal por motivos diversos estropeouse e perdimos todo; aínda así, a maior parte dela puidemos recuperala, o que supuxo unha enorme alegría para nós.
Isto é todo, hoxe mércores debemos ter todo ben preparado para a nosa presentacion de mañá. Desexádenos sorte!